O PSdeG PSOE considera que os orzamentos de 2014 da Estrada non van servir para cambiar a difícil situación da economía local

psoe2Continúa a forte presión fiscal, os altos gastos para autopropaganda  do Alcalde e baixan as inversións produtivas 

O grupo municipal socialista realizou no día de hoxe unha valoración sobre os orzamentos plantexados polo goberno de López Campos para o 2014. En palabras do líder socialista José Antonio Dono, “os orzamentos do 2014 continúan na liña marcada nos 2 anos anteriores polo PP da Estrada: carga impositiva asfixiante sobre os veciños, e inversións estériles, que non son útiles para facer fronte ao desemprego nin impulsar a economía produtiva local”.

Para os socialistas, as inversións previstas para 2014 son escasas, inconcretas e sen incidencia na economía local. “O Alcalde López Campos non sabe en que proxectos investir os cartos e por iso crea caixóns xenéricos nos que poder xustificar 3 ou 4 cacicadas no rural. Incluso a intervención lle di que debe precisar os proxectos, pero iso non lle convén ao PP. O que si lle convén son os 53.000 euros que contempla para publicidade e propaganda. Cantidade que supón máis do 60 % do que se contempla para investir no casco urbano da Estrada”.

Os propios datos de execución realizada polo goberno municipal amosan a burla á están a someter aos cidadáns da Estrada, en lugar de contratar a empresas locais o Alcalde e o seu grupo de goberno prefiren contratar empresas de fóra da Estrada, ignorando a difícil situación económica das empresas locais.

psoe1A forte presión fiscal á que López Campos somete aos veciños non se traduce en inversións.

Os datos da presión fiscal sobre os veciños da Estrada amosan que nos  últimos tres anos se ten producido un incremento de máis de 70 euros. Segundo os socialistas, en 2011 cada habitante da Estrada soportaba unha presión fiscal de 217 euros de media, incrementándose en 2013 ata os 289 euros.

“En 2014, segundo os orzamentos presentados a presión fiscal baixará ata os 265, inda así segue situándose un 25 % por encima da cifra de 2011. Sen embargo, o que o goberno pretende destinar a inversións produtivas está incluso por baixo do previsto en 2009, cando a recadación municipal era moito menor”.

Redacción, fotografía e gravación cedidas polo PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta