A Asociación Estradense Entroido da Ulla que naceu hai 6 anos coa intención de recuperar o entroido nas parroquias do noso concello, decidiu poñer fin a súa actividade a pasada semana.
Dende a asociación, a cal nestes momentos pertencían 15 parroquias, pretendía ademais de recuperar a tradición destas festa crear unha escola de xenerais, proxecto que non lle foi posible ao non contar co impulso económico necesario e un local acondicionado para tal fin.
Nestes momentos o Departamento de Cultura tamén traballa na exaltación desta festa polo que a asociación sen ánimo de lucro decidiu cesar a súa actividade, ao considerar que dende o concello teñen máis medios e persoal.
O pasado venres a directiva da asociación fíxolle entrega ao director de cáritas parroquial da Estrada dos fondos que tiñan e que ascendían a algo máis de 300€.
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































