O alcalde, Xosé López, acompañado do concelleiro de facenda, Alberto Blanco, presentaron os presupostos para 2014 valorados en 12.440.000€.
A presión fiscal redúcese principalmente pola rebaixa do IBI nun 33%, que realmente equivale a un 27% dos recibos actuais debido a subida de valores que permitiron baixar o tipo impositivo do 0,6 ao 0,4.
En canto aos gastos, soben en persoal, concretamente no GES, Grupo Supramunicipal de Emerxencias, e tamén aumentan os gastos correntes para as obras realizadas polo obradoiro de emprego e outras melloras programadas.
Servizos sociais reforza os servizos de teleasistencia e axuda no fogar.
No rural a partida ao acondicionamento de vías públicas duplicase respecto ao pasado ano.
Tamén se ve incrementada a inversión en comercio, educación, sector gandeiro, promoción de emprego e seguridade cidadá.
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































