CASTELO DE RIBADAVIA, OURENSE

003 257 copiaO castelo dos Condes Sarmiento ou Condes de Ribadavia, asentase sobre un pequeno promontorio na orilla do río Avia, en plena vila de Ribadavia, Ourense. A orixe desta vila remontase ate a época prerromana cando alí había un poblado donde hoxe está a fortaleza. Sito nun punto estratéxico para dominar a comarca tamén foi víctima de numerosos ataques polo fácil acceso a él.

Ata o século XV dominaba o lugar unha capela prerrománica, San Xes de Francelos, capela que foi trasladada a outro punto da vila  cando se comezou a construir alí o castelo. Dende 1375 , unha casa torre foi habitada por D. Pedro Rúiz Sarmiento, a quen  se lle había otorgado o Señorio de Ribadavia por parte de Enrique II de Trastamara. Tras varios anos de construccións, derribos, ataques; un deles protagonizado polo Duque de Lancaster; ou recontruccións, os Condes deciden abandonar o castelo e trasladanse a outra propiedade dentro a mesma vila, comenzando a sufrir a edificación un deterioro importante que comenza no  o século XVII. Arquitectónicamente falando, a edificación está asentada sobre rochas, coma moitas construccións do medievo e ten forma polígonal. O acceso o interior faise a través dun arco apuntado que nos leva ata un patio de armas donde hai dous escudos: o da familia Fajardo  e o da familia Sarmiento. Nunhas excavación  dentro do castelo atopouse unha necrópole que está  datada entre os séculos IX-XII; necrópole medieval que se atrubue aos tempos nos que a capilla de San Xes practicaba o culto relixioso. Hai constancia da existencia da torre da homenaxe aínda que hoxe en día  quedan restos dunha torre almenada rectangular, e da muralla e camiño que rodean o castelo. No ano 2007, e sendo o castelo de Ribadavia unha edificación moi importante para os habitantes da vila,  faise unha restauración do mesmo. Hoxe en día o castelo alberga un modernisimo auditorio.

003 167 copia

Ribadavia é moi coñecida polo seu precioso barrio xudeu, donde se poden atopar tafonas nas que se elaboran e comercializan doces seguindo as  receitas da epoca xudía. Tamén atopamos varias vinacotecas donde o viño Ribeiro e o protagonista por ser o viño que se cultiva na zona.

No mes de agosto celebrase  a FESTA DA ISTORIA, unha festa medieval, na cal a vila se engalana e volta a esa época para darnos a coñecer entre outras cousas  as antigas tradicións, a convivencia entre as distintas relixións ou os oficios do medievo. A festa está declarada de INTÉRESE TURÍSTICO NACIONAL.

Voltaremos a Ribadavia para amosarvos fotos do barrio xudeu, das súas igrexas e outros detalles que a vila nos ofrece.

Redacción e Fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta