O CEIP O Foxo presenta unha campaña de etiquetado en colaboración coa ACE e a ACOE

IMG_8096O CEIP O Foxo por medio da súa directora, Rosa Ferreira, acompañada de Gonzalo Figueiras e Sindo Villamayor, presidentes da asociación de empresarios e asociación de comerciantes de A Estrada, deron a coñecer unha campaña de etiquetado con etiquetas personalizadas.

Os rapaces do centro elaboraron etiquetas en galego para acompañar os agasallos que se compren nos comercios estradenses durante
estas datas. Calquera cliente que adquira algún regalo nas tendas asociadas poderá solicitar que vaia acompañado por algunha destas orixinais etiquetas.

Pódense ler lemas como “Bicos a moreas”, “Desexo que che guste moito”, “Bo Nadal”, “Grazas por facerme feliz” entre outras.

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras / Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta