FARO DO RONCUDO, CORME, A CORUÑA.

1O faro do Cabo Roncudo, en funcionamento dende 1920, é unha edificación circular moi semellante ao faro de Laxe. Recuberto de azulexos de cor branco e cunha linterna que emite luz da mesma cor, sirve para alertar os barcos que poden estar cerca da costa; escarpada e chea de acantilados, moi típica da Costa da Morte galega.

Para acceder o faro partimos dende o porto de Corme por unha carretera que vai bordeando o mar, non exenta de curvas, pero que nos regala unhas vistas da costa fastuosas. O Roncudo, denominado así debido o forte ronco que o mar fai cando bate as súas augas contra os acantilados.

2

Pegadas o faro e diseminadas por gran parte da costa podemos ver cruces que homenaxean o recordo de aqueles mariscadores ou mariñeiros que perderon a vida neste enclave.

3

4

 

O entorno do Rocudo é moi famoso pola grande cantidade de percebes que hai, é moi típico ver os percebeiros ou algún pescador pola zona. Debido a grande producción de percebes da zona celebrase dende o ano 1992 a FESTA GASTRONOMICA DA EXALTACIÓN DO PERCEBE.

5

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta