Este fin de semana comezan as actividades que prepararon a organización de Panic para esta nova edición.

IMG_8838Entre o sábado e o domingo realizaranse uns talleres dirixidos a rapaces entre 15 e 18 nos que poderán coñecer de primeira man o necesario para elaborar un película de terror.

A xa famosa Zombie Walk, terá lugar o 10 de Xaneiro. Nesta terceira edición ademais da marcha como novidade haberá un concurso “Raiña do Berro”, no que se premiará o mellor grito de terror.

 

[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1cWEPpi» standard=»http://www.youtube.com/v/x0knNwu8O8U?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=x0knNwu8O8U&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=&notes=» id=»ep5379″ /]

O día 10 tamén comezarán ás proseccións de filmes de terror nos minicines central con programación para adultos e infantil. Para adultos poderanse ver “Las brujas de Zugarramurdi” (día 10), “Piraña 3DD” (día 17), “Expediente Warren” de The Conjuring (día 24) e unha película aínda por determinar (día 31). Todas elas ás 00:00 horas. En canto a programación infantil as proxeccións serán ás 19:00 horas o día 17 con “Pesadilla antes de Navidad”, o 24 con “Frankenweenie” e o 31 con “Scooby Doo”.

Pechará a terceira edición de Panic coa Gala que terá lugar o 2 de Febreiro no Teatro Principal, onde se poderán ver as curtas presentadas a concurso. Os que queiran participar poden entregar os traballos ata un día antes da gala.

Organizan Produccións Trípode, concello de A Estrada e Servizo de Prevención de Trastornos Aditivos coa colaboración de Minicines Central, Sondodance e Absolute.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta