O Ceip de Figueiroa contou para as actividades propias do Nadal cun grupo de teatro AS AVELAÍÑAS do IES A. Losada Diéguez que representou a obra «O BOSQUE DA POESÍA». Tamén se achegou ata o centro o seu club de lectura «OS RETELLADORES DO GALIÑEIRO» que leron contos africáns para o segundo ciclo de E. Primaria.
Resaltar que tanto no grupo de teatro como no club de lectura participaron antiguos alumnos e alumnas do centro escolar de Figueroa.
Redacción, gravación e fotografía: Iria Eiras






































