Este domingo as rúas de A Estrada estarán musicalmente amenizadas por distintas agrupacións estradenses. O obxetivo desta iniciativa, presentada por Gonzalo González e Juan Ruibal en colaboración co concello de A Estrada, é conseguir fondos para comprar xoguetes para os nenos das familias de Cáritas e Cruz Vermella na Estrada.
Os grupos Tamparrantán, Antaruxa, Banda de Gaitas de Barbude, Retrouso de Ouzande, Os Lóstregos, Lume na Lareira, entre outros, distribuiranse polas rúas da vila a partir das 12 horas e terán caixas para recoller os donativos, que poden ser tanto diñeiro como xoguetes.
O pasarrúas conta tamén coa colaboración de José Manuel González que se situará con un piano na praza do concello para acompañar a calquer cantante ou solista que queira facer a súa aportación musical.
O punto de encontro para todos os músicos é a praza do concello ás 11 horas. Para anotarse, sobre todo as agrupacións ás que é preciso buscarlle un emprazamento, poden facelo nos teléfonos 600324406 e 638031719.
Gravación: Adrián Eiras / Redacción e Fotografía: Iria Eiras






































