Os socialistas acusan ao alcalde de culpar ós voluntarios de Protección Civil de politizar a asociación

IMG_5575Denota unha falta de respecto polo traballo desenvolvido por estes, dando a entender coa fiscalización que na asociación non se fan as cousas adaptándose a legalidade.

Tras coñecer nos últimos días que López Campos aprecia “política” na protesta levada o pleno polos voluntarios de Protección Civil, dende o PSdG-PSOE o que apreciamos e desprezo do alcalde pola Agrupación de Voluntarios, que prestan un servicio de xeito altruísta e desinteresado.

O alcalde méntelle os estradenses. Escúdase dicindo que a Asociación de Voluntarios de Protección Civil esta financiada o 100×100 polo concello, cando todos sabemos que existen outras aportacións tanto públicas como privadas.

En realidade a decisión de reducir a subvención non parece ter mais argumento que poñer a libre disposición do Sr. Carlos Faílde, membro da executiva do PP local e coordinador do servicio de Protección Civil, un cheque en branco por valor de 15.000 €. Ademais de secuestrar a autonomía económica conseguiría o mesmo tempo ter control político dos seus membros.

Para o PSdG-PSOE esta fora de toda dúbida a boa xestión económica da Asociación, que sempre xustificou ata o último céntimo dos seus presupostos.

Afortunadamente non tódolos tesoureiros se parecen o Sr. Bárcenas.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada / Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta