O castro Fazouro é un antigo poblado castrexo sito en Foz, Lugo. Está datado entre os séculos I e III d.c. e actualmente é un museo. Este castro é o único da costa do Cantábrico en Galicia. Está asentado sobre terreo de suave relieve a carón do mar Cantábrico. Mide sobre 700 metros cadrados e salvo una das edificacións que é ovalada as demáis son de planta cadrada,
entre as cales se chegan a situar patios ou zonas común. Afirmase isto debido a que as edificacións son pequenos grupos, que se supón que pertenecían a unidades familiares.
Os restos achados no castro datan o recinto dunha época moi cercana a romanización. Foi excavado e estudiado entre os anos 1963-1968 quedando dende esa data libre para as visitas turísticas.
Con esta última entrada na sección PERCORRENDO GALICIA, deste ano 2013, os que participamos en AESTRADANAREDE queremos desexarvos un feliz 2014, e agradecer as vosas visitas. GRAZAS E FELIZ 2014¡¡¡
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.