Os voluntarios de protección civil consideran que recortando a axuda "se coarta a autonomía da agrupación"

IMG_5575A Xunta Directiva da AVPC da Estrada vese na obriga de mostrar o seu descontento e contestar publicamente ás declaracións do noso alcalde, que en lugar de deixarnos traballar se adica a xustificar a diario na prensa o seu brutal recorte e maquillar as verdadeiras razón do mesmo.

Pretende así ocultar as súas verdadeiras intencións e de paso verter insinuacións co uso indiscriminado de palabras tan demandadas hoxe en día pola cidadanía ós dirixentes, como racionalización do gasto e fiscalización.

A xestión da a AVPC está fora de toda dúbida, podendo acreditar que a Agrupación leva fiscalizada 2 décadas,  xustificando ano tras ano todos os gastos ata o derradeiro céntimo, tal e como esixe a intervención municipal e a normativa de referencia (lei 9/2007 do 13 de xuño, lei 38/2003 do 17 de novembro e Decreto 11/2009 do 8 de xaneiro)IMG_5607Presentando ante cada órgano competente, xa sexa xunta ou concello as facturas dos seus gastos, así como xustificantes do pago e documentos acreditativos da realización de cada actividade.

Esta documentación atópase a disposición no departamento de intervención do concello polo que o alcalde pode pasarse en calquera momento, que de seguro que a interventora estará encantada de informalo.

De non axustarse a AVPC a estas esixencias non se formalizaría o pago das mesmas, e tal como o alcalde se apresurou e preocupou en publicar o pasado venres, a xunta pagou a subvención ó GCR para as actividades de 2013, será que mal non o facemos.

IMG_5578Consideramos que recortando a subvención en 15.000€ se coarta a autonomía da agrupación e intentase ocultar esgrimindo que ese diñeiro está na partida de gasto corrente do Concello e que disporemos del si nos fixese falta. «Casualmente» para dispoñer dun céntimo de eses 15.000 terá q ser autorizado polo coordinador do servizo de emerxencias, orixe de todo conflito laboral cos traballadores de Protección Civil. Aspecto que se parece pouco á  fiscalización e se aproxima sospeitosamente ó sometemento.

A esta sensación de malestar,  súmase que este recorte non foi informado ós responsables da agrupación local, tendo que enterarse por terceiros poucos días antes da aprobación dos presupostos, o que deixa entrever certo escurantismo na manobra, á par que o desinterese total de este alcalde nos proxectos e actividades da AVPC.

IMG_5612A AVPC é unha asociación independente con identidade xurídica propia e carácter democrático onde todas as decisións (tanto a elección de presidente como as compras) decídense en consenso, non como pretende o alcalde, que o impoña unha soa persoa.

Igual a razón deste recorte é que ante o fracaso  da imposición persoal durante estes dous largos anos agora recurrimos á imposición económica a ver si sorte máis efectividade.

Esta actitude do rexedor, poñendo impedimentos, sementando a dúbida e politizando o asunto, non xera mais que descontento e desmotivación entre o voluntariado que traballa desinteresadamente  e adica o seu tempo libre a axudar a aquel que o precise sen importar que chova a cántaros sen descanso ou faga un calor abrasador.

IMG_5583Outra  mostra máis do descoñecemento e/ou da desinformación do rexedor é a afirmación en prensa de que os voluntarios dispoñen de tecnoloxía de última xeración mentres que os profesionais carecen de medios esenciais; Igual como medios esenciais considera o alcalde a última adquisición do coordinador de emerxencias dun taladro percutor e unha amoladora cuco costo sobrepasa con creces o soldo dun mileurista.

Quizás sexa este o material de última xeración e a racionalización do gasto que tanto demanda.

O que interesa e satisface ós voluntarios de protección civil é asistir ó cidadán  como se leva facendo 20 anos e non verse envoltos en situación polémicas.

Algún empeza xa a cuestionarse si vale a pena esforzarse para recibir finalmente este pago, polo que rogamos encarecidamente ó señor alcalde que deixe de poñernos trabas e facilite a nosa labor que ese si que é o seu deber.

Redacción: Directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Estrada /  Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta