Na casa de A Matanza, sita en Padrón, viveu a famosa poetisa galega, Rosalía de Castro. Hoxe en día é un museo que alberga a maior parte dos obxetos e recordos persoais da escritora. É un edificio de duas prantas; a vivenda donde Rosalía pasou os seus últimos anos de vida. Na planta baixa amosanse como comentamos anteriormente, os recordos e obxetos persoais da poetisa, namentras que na planta alta recrease unha vivenda rural da época. Hai unha mezcla clara entre unha casa rural de labranza con detalles de nobleza; dentro dun estilo moi sencillo. Intactos estan unha cociña antiga, a lareira e utensilios clásicos. Fermosos son os coidados xardíns que arrodean A Matanza con multitude de árbores senlleiras, un antigo lagar e ata un busto da que foi a máis importante das letras galegas.
Rosalía de Castro, naceu en Compostela no ano 1837 e finou en Padrón no ano 1885, cando contaba con apenas 48 anos.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.