Os socialistas agardan que López fixera propósito de ano novo de non seguir bloqueando as súas propostas

IMG_8096Plantexan un acordo en apoio aos usuarios do servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade e/ou dependentes, instando á Xunta ao seu mantemento 

Varias son as mocións socialistas rexistradas no Concello e que o alcalde López Campos tiña bloqueado para que non se debateran en Pleno. A pesares de estar rexistradas en tempo e forma, nin convocaba as comisións informativas ao efecto, nin as incluía na orde do día do Pleno, e máis impedía o seu debate en sede Plenaria como se dun rodillo se tratase unha e outra vez, sen importarlle o contido das mesmas.

“Entendemos que certos debates para o Alcalde resultan incómodos, sobre todo tratándose de defender á Estrada fronte á prexudiciais decisións da Xunta e do Estado, pois por todos e coñecida a súa faceta servil ante os seus xefes do PP, pero os socialistas non nos cansaremos de traballar en favor dos veciños e veciñas da Estrada, inda que iso implique ter que reiterar a presentación das mocións por todas as vías que a lei nos permita”

IMG_8118Durante o primeiro pleno do ano 2014, celebrado o pasado xoves día 2, o Sr. López Campos impediu novamente o debate de varias das mocións presentadas polos socialistas, aducindo convocar as pertinentes comisións para a súa análise. O mesmo que xa tiña feito noutras ocasións, sen que ditas comisións se teñan convocado finalmente, mais nesta ocasión a novidade é que puxo como data para as mesmas a vindeira semana. “Agardamos que esta decisión do Sr. Campos non caia no esquecemento como aqueles propósitos de deixar de fumar, facer dieta ou ir ao ximnasio que algúns se marcan a inicios dun novo ano e que finalmente caen en saco roto”, ironizou a portavoz socialista Belén Louzao. 

“É máis, agardamos que o Sr. López Campos teña feito un auténtico propósito de emenda e que a democracia regrese ao Concello da Estrada para quedarse, e que non sexa un espellismo de Nadal ante a próxima chegada dos Reis Magos”, continuou Louzao. “Por iso, rexistramos unha nova moción propoñendo a adopción dun acordo polo que o Concello da Estrada se poña do lado das persoas usuarias do transporte de mobilidade adaptado para persoas con discapacidade e/ou dependentes”

Recortes no servizo de apoio á mobilidade persoal, comunmente coñecido como transporte adaptado 065. 

IMG_8102O servizo público do 065, como prestación facilitadora da mobilidade, permitía aos usuarios acudir a consultas ou tratamentos sanitarios; trasladarse a residencias, centros de día e outros equipamentos públicos de aloxamento; a actividades educativas ou formativas; a centros de servizos sociais nos que se desenvolveran programas ou actividades do seu interese; e os necesarios para a realización de actividades básicas da vida diaria: xestións administrativas, actividades terapéuticas ou rehabilitadoras.

Dende a chegada do PP á Xunta este servizo ven sufrindo un continuo degradamento, pero sen lugar a dúbida, as novas medidas que plantexan ao respecto suporán un claro prexuízo para as persoas beneficiarias residentes nas zonas rurais e para as discapacitadas por danos cerebrais, así como para os e as coidadoras que terán que dedicarlles máis horas de atención.

Coa nova proposta do PP increméntase o grado de minusvalía para acceder do 65 % ao 75 %; deixase a criterio da Xunta fixar a intensidade máxima de uso; o recoñecemento da condición de usuario do 065 non implica o dereito á prestación; non se fixa praza para solicitar ou anular o servizo; elimínase a presenza de monitor-acompañante no servizo; e pretende eliminarse un tópe máximo de viaxes ao mes, contabilizando ida e volta como 2 viaxes distintas. Todo isto desentendéndose do servizo e delegando a xestión do mesmo en asociacións.

“Os socialistas propoñemos un acordo para que o Concello da Estrada inste á Consellería á retirada do proxecto de Decreto e a manter o citado Servizo de mobilidade persoal para persoas discapacitadas e/ou dependentes nas mesmas condicións que se viña prestando ao amparo do Decreto establecido en 2007”.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada / Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta