Achégase "Panic III" coa Santa Compaña de protagonista

IMG_5457

O popular actor MANUEL MANQUIÑA será o mestre de cerimonias do desfile da SANTA COMPAÑA que o vindeiro venres día 10 ás 7 da tarde percorrerá as rúas da vila para
rematar na Praza do Concello.

O actor, será o encargado tamén de presidir o xurado que dirimirá o concurso da RAÍÑA DO BERRO. Ademais do concurso e do desfile, o acto contará coas actuacións das IMG_5484academias de baile Sondodance e co ximnasio Absolute, e coa participación do monologuista Manolo do Atlético. Ademais, tamén colaborarán nas actividades programadas distintos actores e músicos como Gonzalo Valcárcel, Luis Rivas, Manolo Varela, Rocío Louzao, Juan
Ruibal ou Sara Neira facendo o papel de estadeas. Un extenso listado de xente ao que todavía se están sumando máis colaboradores.

O propósito da organización, e diante da masiva afluencia de medios de comunicación que está previsto asista ao evento, é tratar de convocar un desfile multitudinario. A tal efecto, as tendas de roupa O DEDIL, LOLITA E CARMIÑA, ARREGLOS CRISTINA, NOBELO NOBELO, FIANDEIRA, AS MIÑAS ROSIÑAS E LANAS SIRA están a traballar arreo estes días co gallo de sacar adiante os moitos encargos de disfraces que teñen. Cabe recordar, que para poder participar no desfile da Sta Compaña hai que ir vestido con saión e capuchón brancos, ademais dun cirio. Tamén se pode improvisar un disfraz con unha sábana ou chuvasqueiro branco. O servizo de maquillaxe estará disposto a partires das 4 da tarde na Praza da Feira.

En caso de choiva trasladaranse as actividades previstas ao Teatro Principal.

Redacción: Departamento de Cultura / Fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta