Este venres presentarase o libro "O Padre Seixas desde dentro"

presentacion-libro-cabadaA Asociación Cultural “Vagalumes” ten previsto realizar a presentación do libro do escritor e investigador estradense Manuel Cabada Castro o vindeiro día 10 de xaneiro, ás 20:30 na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada.

Este acto será presentado polo escritor estradense David Otero, e contará coa presenza do propio autor ademais do Director da Editorial SEPT Francisco Domínguez Martínez, e do membro desta editorial e autor do libro “Conversas do P. Seixas”, Silvestre Gómez Xurxo.
O Padre Seixas é unha figura fundamental da nosa cultura en canto promotor da galeguización da igrexa. Manuel Cabada Castro afonda  na biografía desta personalidade e nas súas conviccións achegando luz a Xaime Seixas, e con el a nosa cultura e historia recente.

Redacción: Asociación Cultural Vagalumes

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta