A Asociación Galega de Fútbol Gaélico será patrocinada pola Deputación de Pontevedra no Mundial de Abu Dhabi

Logo Asociación galega de futbol gaelicoA Asociación Galega de Fútbol Gaélico ten a honra de anunciar o acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra de cara ao Mundial de Fútbol Gaélico que se disputará en Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos, do 5 ao 8 de marzo.

Por este acordo de colaboración, a equipación da Selección, tanto masculina como feminina, levará no seu frontal durante os GAA World Games o emblema da Diputación de Pontevedra.

Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, agradecemos á institución presidida por D. Rafael Louzán a predisposición e interese desde o primeiro momento cara ao noso deporte e a participación da nosa Selección neste torneo, tal e como reflicte o acordo acadado. Énchenos de orgullo que un organismo público galego colabore na que será a maior aventura deportiva da nosa Selección e agardamos estar á altura do dito apoio.

Logo SEleccion galega de futbol gaelicoO campionato contará coa participación de equipos e seleccións dos cinco continentes, divididos en dous grupos, un deles onde figurarán os clubes campións das distintas confederacións mundiais e un segundo con seleccións nacionais. A Selección masculina queda encadrada neste último coas seleccións de Arxentina, Sudáfrica e o Golfo Pérsico, e a feminina coas seleccións de Sudáfrica, o Golfo Pérsico e Canadá.

Trátase da primeira competición internacional de seleccións do noso deporte nos seus 130 anos de historia e, como gran acontecemento e escaparate mundial do mesmo, compartirá espazo con outros eventos deportivos e culturais, como partidos de exhibición dos outros deportes gaélicos (handball e hurling) ou de equipos de categorías inferiores, entre outros.

Logo Deputación pontevedra

Redacción: Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta