O Mome acollerá o día de Rosalía un acto en homenaxe a esta escritora

Escudo.novoCon motivo da celebración do día de Rosalía o día 24 de febreiro, desde o Concello da Estrada imos celebrar esa noite ás 20:00 hs no MOME un acto para lembrar a esta escritora galega.

O acto consistirá nun breve recital sobre poemas de Rosalía de Castro a cargo dun grupo de nenos/as dos centros de ensino da Estrada e despois un Concerto do grupo «2 na fronteira». 2 na fronteira son un dúo ítalo-galego de compositores e intérpetres, Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

Redacción: Concellería de Cultura de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta