O pasado luns tivo lugar o desfile e o concurso de disfraces do Concello de A Estrada, este ano a chuvia respetou as comparsas que sairon puntualmente da praza da Feira en dirección a praza do Concello ante a espectación do público que se achegou ata as rúas do centro.
Ao longo do recorrido estaba distribuido o xurado do concurso de disfraces conformado por Pedro Pérez, Saly Torres e Lucía Seoane. Xa na carpa da praza do concello esperaba o polifacético humorista «Isi» que nos presentaba aos concursantes e posteriormente desvelaba aos gañadores das tres categorías que recibían os premios entregados polos membros do xurado.
Os gañadores foron:
1º Plato de Lentellas
2º Fábrica de políticos
3º Dama de gusanitos
1º Beleza animal
2º Outras plagas
3º Os vellos de Couso tamén ven a TV
1º A volta ao mundo en 80 días
2º As galiñas trouleiras
3º Bailando cás botas postas
Redacción e fotografía: Iria Eiras
Gravación: Adrián Eiras // Música: Juan Ruibal









































