O BNG cre que "o anuncio do alcalde sobre a Variante non concreta nada en absoluto"

IMG_3877Este ano só hai orzamentado para a Variante 2,3 millóns de euros, dos 50 que custa, unha cifra insuficiente para iniciar unha obra deste calibre.

“O alcalde lanza un novo anuncio ao electorado, como quen lanza un anzol no río, a ver se cae algún voto, esa é a credibilidade que lle damos ao anuncio de López sobre a licitación da Variante”, explicou o concelleiro nacionalista, Xosé Magariños.

Para o BNG este novo anuncio “enmárcase na pre-campaña electoral na que leva inmerso o alcalde desde hai varias semanas, con inauguracións de obras sen rematar, de bibliotecas sen libros, anuncios varios, etc, pero xa lle quedan poucos días, en canto se convoquen as eleccións municipais acabáronselle as promesas a López e teremos que dar paso a avaliación dos feitos, que será cero”, engadiu o concelleiro do BNG.

Os nacionalistas da Estrada poñen en cuestión que este ano poida licitarse a Variante, “temos que ter en conta”, explicou Magariños, “que esta obra ten un custe total de 50 millóns de euros, e este ano só hai orzamentado 2,3 millóns, un cifra que para nós é insuficiente para iniciar unha obra deste custe”.IMG_3851“Como non nos fiamos das palabras do alcalde”, engadiu Magariños, “rexistraremos unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados para saber exactamente que é o que pensa facer o Ministerio de Ana Pastor coa Variante ao longo deste ano 2015”.

“No BNG sempre consideramos prioritaria esta obra rexistrando emendas aos orzamentos do Ministerio de Fomento para incrementar as partidas para que esta obra se puidera executar”, afirmou o concelleiro do BNG, “non así as forzas políticas de ámbito estatal -PP e PSOE- que sempre ningunearon o noso concello, facendo politiqueo barato coa Variante, como se demostra no anuncio que acaba de facer o alcalde”.

Redacción: BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta