Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada comunicase que continua aberto o prazo ata o vindeiro mércores para anotarse na formación específica de 6 horas dos cursos do convenio da construcción dos sectores de:
– Albañileria.
– Electricidade.
Para poder realizar estes cursos especificos é condición necesaria posuir o curso básico de 60 horas, completando así a formación neste ámbito de Prevención de riscos laborais.
Dada a elevada demanda deste curso básico de 60 horas realizarase unha terceira edición, para a cal tamén hai unha lista na que todos aqueles interesados poidan anotarse.
Esta formación vai dirixida a desempregados do Concello da Estrada e está subvencionada pola Concelleria de Promoción Económica polo que terá un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala súa empregabilidade.
Os interesados en participar deberán anotarse nas listas de cada especialidade na Alcaldía do Concello da Estrada ou nas oficinas da Fundación Cultural ou ben chamando aos teléfonos 986570030 ou 986570997 onde se lles informará do custe e das datas de realización.






































