Bikestrada organiza unha serie de rutas BBT para todos os públicos

FormatFactoryFoto 1-4-15 13 35 30Na xornada de onte o clube de ciclismo Bikestrada presentou no concello acompañados do concelleiro de deportes, Ismael Pena, varias rutas que teñen preparadas para os próximas semanas.

Os sábados 11 e 18 de abril ás 17:00 horas partiran da Praza do Concello as rutas infantís cunha lonxitude duns 10 Km aproximadamente. Estas rutas, de dificultade baixa, están pensadas para nenos dende 6 a 16 anos. Será necesario a participación de algún responsable para os máis cativos e a firma dunha autorización dos pais ou titor legal para poder participar.

Os domingos 12 e 19 de abril ás 10:00 horas sairan da Praza do concello unhas rutas pensadas para todos os públicos, pero neste caso a distancia será de entre 15 e 20 Km polo que se recomendan para maiores de 12 anos. Tratase de recorridos levadeiros e con boas paisaxes.

Para finalizar o 17 de maio terá lugar a Ruta do Salmón, que partirá ás 9:30 horas da zona deportiva, subindo polo centro urbano e Praza do Concello para dar comezo unha ruta duns 45 Km. A dificutade desta ruta é media-baixa.

Recorridos das rutas:

Ruta infantil do sábado 11 de abril: Último tramo da ruta do salmón, baixando pola Cañoteira cara Aguións e Santeles, que é a zona cun perfil mais adecuado para os pequenos.

FormatFactoryFoto 1-4-15 13 36 41 (1)Ruta popular do domingo 12 de abril: Primeiro tramo da ruta do salmón, cruzando por Liñares cara a sobreira de Callobre e volta por Guimarei.

Ruta infantil do sábado 18 de abril: Última parte da ruta da rapa, por detrás da estación de autobuses, Guimarei para cruzar a Tabeirós ata a Casa da Pastora e vota cara á Estrada.

Ruta popular do domingo 19 de abril: Cara o Monte Cabalar polo tramo inicial da rapa das bestas, e dando a volta ó vértice xeodésico, terminando en baixada polas carballeiras de A Somoza.

Ruta do Salmón: Saída da zona deportiva, centro urbano, Praza do Concello, entorno do Río Liñares e o Río Ulla, pasando polas parroquias de Moreira, Barbude, Paradela. Cruzárase cara o concello de Vedra por Sarandón, pasando a carón do museo de pesca situado a carón da «Casa Suárez», dende aquí discorre pegado o Ulla polo Coto de Ximonde e cruzase a Ponte Nova peatonal. Dende aquí vota por Paradela, Cora e Santeles.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta