Senderuta en colaboración có Concello de A Estrada e a Deputación de Pontevedra organiza 6 rutas, duns 20 km, para realizar o Camiño de Santiago dende Sarria.
Os interesados poden participar en unha ou varias rutas estando as prazas limitadas ao aforo do autocar (53 prazas) con saída dende A Estrada. O prezo para acudir a unha etapa é de 12€ por persoa e dependerá da dispoñibilidade de prazas no autocar. Tamén se pode solicitar un bono para as 6 etapas de 55€ por persoas, neste caso a praza de autocar xa quedaría reservada para todas as rutas.
As etapas son as seguintes:
1. Domingo 12 de Abril: Sarria – Portomarín – 22 Km
2. Domingo 26 de Abril: Portomarín – Airexe – 20 Km
3. Domingo 10 de Maio: Airexe – Melide – 22 Km
4. Domingo 24 de Maio: Melide – Arzúa – 17 Km
5. Domingo 7 de Xuño: Arzúa – O Pedrouzo – 19 Km
6. Domingo 21 de Xuño: O Pedrouzo – Santiago de Compostela – 20 Km
Para máis información e condicións:
senderuta@gmail.com // 629577246