*Hosteleiros, comerciantes e praceiros están molestos polo retraso da posta en funcionamento da nova praza*
O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirmou hoxe que “non é de recibo que case un mes despois de inaugurada a nova praza de abastos esta aínda non estea a pleno rendemento, o que demostra” engadiu “que o que denunciou no seu día o BNG era certo, que a praza aínda non estaba lista para poñer a funcionar , visto ademais os desperfectos que se podían ver a simple vista aos poucos días da inauguración”.
“Por outra parte”, denunciou Magariños, “non son poucos os comerciantes e hosteleiros da Praza do Mercado molestos co retraso na posta en funcionamento da praza, logo de anos sufrindo o trasto da praza provisional – porque así hai que definila- que ocupa boa parte da
Praza do Mercado prexudicando notabelmente os seus negocios”. “Mais tamén están molestas as praceiras e praceiros”, engadiu Magariños, “preocupados ademais polo xeito
pouco transparente de como o goberno municipal está xestionando a adxudicación dos distintos postos da praza”.
“No BNG entendemos que cando se inaugura unha cousa está xa está lista para usar pola cidadanía” afirmou o concelleiro do BNG, “non entendemos a inauguración das obras como un acto de lucimento do alcalde, como así o entende o PP, senón como a posta a disposicións dos veciños e veciñas dun servizo”.
BNG de A Estrada






































