Xa está aberto o prazo de inscrición para a primeira edición da carreira AEstradaVertical

IV CROSS RIO LIN~ARESO Concello da Estrada, organiza o vindeiro domingo día 26 de abril a partir das 11 horas, a I AEstradaVertical, carreira puntuable para o III Circuito Corre A Estrada Corre (Clasificación actual do circuíto).

A proba terá a sua saída diante da igrexa da parroquia de Aguións e a sua meta estará no campo da feira da Estrada. O seu percorrido será todo sobre asfalto e cunha distancia de 2.000 metros.

A proba celebrarase nun circuito pechado e valado. O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

Esta proba so contará para a clasificación xeral feminina e xeral masculina do “III
Circuito de Carreiras Corre A Estrada Corre”. 1. CATEGORÍAS:

Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1996 e 1997.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1993, 1994 e 1995.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1992 e 1980.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1979 e 1970.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1969 e anteriores.

2. HORARIOS E PERCORRIDOS:

O tratarse dunha proba cronometrada de xeito individual, haberá un punto de control de saída e un punto de control de chegada. Os participantes sairán a intervalos dun minuto segundo a orde de dorsal, estando programada a saída do primeiro participante ás 11 horas. Este horario poderá ser modificado dependendo do número de participantes e se a organización da proba o considerase necesario.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 h SAIDA 1º PARTICIPANTE 2.000 METROS
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS

3. INSCRICIÓNS:

* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 23 de Abril de 2015 as 24:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.

A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Haberá un límite de 300 inscritos na proba absoluta. Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.

Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada.es

4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:

Realizarase o día da proba no punto de saída, no lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 9:30 horas.

* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (11:00 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

(Agás propietarios de chip participantes no III Circuito “Corre A Estrada Corre”).

5. CLASIFICACIÓNS:

A clasificación farase nas seguintes categorías: xuvenil, junior, promesa, senior, veterán A e veteran B; tanto masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo o menor tempo invertido na realización do percorrido.

O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descalificado.

* DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a
criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.

6. PREMIOS E TROFEOS:

– Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
– Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías.

7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:

– Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da súa proba.
– O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
– Haberá servizo de vestiarios e duchas nas instalacións do campo Municipal da Baiuca.
– Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
– A organización da I AEstradaVertical non se fai responsable de perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
– Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.

Concellería de Deportes

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta