O BNG pide priorizar o polígono e as zonas para aparcar antes que a ampliación da alameda

01Na mañá de onte o grupo municipal do BNG, liderado por Xosé Magariños acompañado pola nacionalista, Susana Camba, daban a coñecer unha moción cá cal queren pedir o respaldo do pleno da corporación para que o concello pospoña o proxecto de ampliación da alameda municipal a favor doutros proxectos.

Magariños antepón a creación de estacionamentos e a ampliación pública do polígono industrial de Toedo a crear unha única zona verde, o cal considera un «despilfarro».

O líder do Bng esixe que o Concello utilice o PXOM como instrumento para impulsar a actividade ecónomica, esta formación política entende que se se pretende dinamizar A Estrada como centro comercial debe de ofrecérselle zonas para aparcar.

O Bloque Nacionalista representado polo seu portavoz e alcaldable Xosé Magariños, propón na súa moción que o Concello promoba crear estacionamento para dar servizo a Plaza do Mercado e a tan céntrica Praza de Galicia.

Xosé Magariños móstrouse partidario de que tamén a administración  municipal aposte pola adquisición do terreo lindante coa Casa das Letras, que actualmente esta en venda.

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta