Onte o alcalde recibeunos no concello para trasladarnos as últimas novidades e actuacións que se levaron a cabo durante esta semana.
Xosé López fálanos das actuacións que se están levando nas 51 parroquias do rural, como o arranxo das pistas de índole municipal, do viveiro de empresas que se está preparando no edificio do Novo Mercado e de que xa comezaron a trasladar a biblioteca ao seu novo emprazamento na Casa das Letras. O rexedor pide disculpas se algún usuario da biblioteca se ve perxudicado nestes momentos polo traslado, pero espera que este se remate na maior brevidade posible e pechar así unha demanda histórica dos usuarios cós actuais problemas.
Por outra banda, tamén fixo alusión ao proxecto de levar a cabo o centro hípico de Guimarei, unha mostra máis do apoio de este goberno ao deporte local. O rexedor considera que os clubes locais non só aportan actividades deportivas senon tamén formativas ao mostrar valores de respeto e convivencia, polo que considera importante o seu impulso e mantemento.
[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1PWzula» standard=»http://www.youtube.com/v/c5mkEgnRjpk?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=c5mkEgnRjpk&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=¬es=» id=»ep4216″ /]



































