Este sábado ás 8 da tarde clausúrase a exposición Arte e Paz que leva exposta na sala de Abanca dende o pasado sábado.
Na peche interviran alumnos dos colexios estradenses recitando poesías.
A exposición foi inaugurada o sábado 11 de abril con dúas charlas realizadas por Manuel Dios Diz, sobre Educación e Paz, e Rodrigo Montalvisa Vivas, sobre Dereitos Humanos 3ª Xeración.
Tamén interviu o cantautor Severino e Sonia que adicou o primeiro tema a Miguel Ángel Castro, excantante dos Esquios que finou hai case dous anos. Este tema encantáballe a Miguel, bo amigo do cantautor, e agora abre todas as súas actuacións con el.






































