O PP incorpora sete caras novas nunha lista que mantén ao grupo de candidatos que gañou en 2011

caras novas pp

 Manuel Magariños Maceiras (12), José Manuel Blanco Sanmartín (13) e María del Carmen Gaspar Ayude (14) reforzan aos actuais concelleiros nos seguintes postos

 Alfonso Rueda e Rafael Louzán acompañarán mañá a José López no acto de presentación da candidatura, que terá lugar no Teatro Principal ás 12.30 horas

O Partido Popular da Estrada concorrerá ás Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio cunha lista encabezada polo actual alcalde, José López Campos, que manterá nos primeiros 11 postos aos candidatos que conseguiron a maioría absoluta en 2011 e que conforman o actual equipo de goberno. En total, a lista incorpora sete caras novas que aportan «ilusión e gañas de traballar para mellorar os resultados conseguidos hai catro anos», segundo explicou José López.

«En 2011 realizamos unha renovación moi importante da candidatura e agora toca darlle
continuidade a un proxecto estable, que aínda ten capacidade de mellora e que ten gañas de seguir desenvolvendo o ambicioso programa de goberno que presentamos en 2011 e que agora imos actualizar e impulsar», salienta José López.

O candidato popular invita a todos/as os/as estradenses a acudir mañá ao acto de presentación desta candidatura, que terá lugar ás 12.30 horas no Teatro Principal e que contará coa presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, e do presidente provincial do partido en Pontevedra, Rafael Louzán.

02-21.- José C. López Campos:
• 41 anos
• Alcalde da Estrada / Empregado de banca
• Veciño da Estrada

2.- Alberto Blanco Carracedo:
• 52 anos
• Avogado, farmacéutico e empresario
• Veciño da Estrada

3.- Amalia Goldar Cora:
• 48 anos
• Avogada
• Veciña da Estrada

4.- Juan Constenla Carbón:
• 50 anos
• Funcionario da Administración autonómica
• Veciño da Estrada

5.- Anxos Pais Carbia:
• 34 anos
• Gandeira
• Veciña de San Miguel de Cora

6.- Óscar Rancaño Brañanova:
• 52 anos
• Médico
• Veciño da Estrada

7.- María del Carmen Durán Lea:
• 46 anos
• Traballadora do agro e ama de casa
• Veciña de Santeles

8.- Ismael Pena Villamor:
• 38 anos
• Avogado
• Veciño da Estrada

9.- Lucía Seoane Rosende:
• 35 anos
• Empregada de Correos
• Veciña de Matalobos

10.- Nemesio Rey Pazos:
• 53 anos
• Empresario do sector do moble
• Veciño de Guimarei

11.- Óscar Durán Barros:
• 43 anos
• Empresario
• Veciño da Estrada

12.- Manuel Magariños Maceiras:
• 44 anos
• Encargado nun centro comercial
• Veciño da Estrada

13.- José Manuel Blanco Sanmartín:
• 46 anos
• Funcionario no Concello de Meis
• Veciño da Somoza

14.- María del Carmen Gaspar Ayude:
• 50 anos
• Autónoma (sector da hostalaría)
• Veciña de Codeseda

15.- Nancy Ribadavia Zamar:
• 27 anos
• Enxeñeira Química e traballadora neste sector
• Veciña de Moreira
• Secretaria de Novas Xeracións da Estrada

16.- José Manuel Sueiro Loureiro:
• 42 anos
• Transportista
• Veciño de Ouzande

17.- Gonzalo Louzao Dono
• 21 anos
• Estudiante de Ciencias Políticas
• Veciño de Cereixo

18.- Rocío Blanco Mosquera
• 28 anos
• Traballadora do Concello da Estrada
• Veciña da Estrada
• Presidenta de Novas Xeracións da Estrada

19.- Esteban Tato Peiteado
• 31 anos
• Comerciante
• Veciño de Guimarei

20.- Laura Baliño Gómez
• 44 anos
• Traballadora do Concello da Estrada
• Veciña de Lamas

21.- Solicita Duro Barcala
• 65 anos
• Ama de casa
• Veciña de San Xurxo de Vea

1ºS.- Valentín García Gómez
• 44 anos
• Secretario xeral de Política Lingüística
• Veciño da Estrada

2ºS.- Montserrat Carracedo Goldar
• 45 anos
• Funcionaria da Administración autonómica
• Veciña da Estrada

3ºS.- Luis Rey González:
• 45 anos
• Traballador do sector do transporte
• Veciño da Estrada

PPdeG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta