O Salmón traerá como pregoeira a gañadora do Mestre Mateo e estradense Marga Pazos

03-3A XLII Festa do Salmón terá este ano como pregoeira a gañadora do Mestre Mateo á Mellor Comunicadora de Televisión, Marga Pazos, unha veciña de Santo André de Vea.

Marga Pazos recibirá tamén a insignia de ouro xunto con Carmen Conde e Xesús Carbia. Carmen Conde, mestra xubilada, actuou como docente en varios centros estradenses, As Quintas de Codeseda, escola unitaria de Lagartóns e Pérez Viondi. En canto a Xesús Carbia foi o campión do concurso de pesca do salmón o pasado ano, e quedou primeiro e segundo en distintas edicións do concurso.

01-1 05-5

 

 

 

 

 

 

 

Así no lo presentaron Luis Reimóndez, presidente do CIT, o alcalde, Xosé López, e o concelleiro de Cultura, Xan Constenla.

Tamén deron a coñecer o cartel deste ano diseñado pola tamén estradense Alba Aller, veciña de San Xiao de Vea de 20 anos, unha diseñadora gráfica con moito futuro, recalcou o alcalde.

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta