Liñas básicas da 3ª parte do programa de Móvete sobre “Políticas Sociais”

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nNa xuntanza celebrada na tarde de onte, venres 18 de abril, móvete aprobou a terceira parte do seu programa que recolle as medidas que desenvolveremos dende o Concello nos próximos catro anos sobre as “Políticas Sociais”.

Para móvete é prioritario que dende o Concello se atendan as demandas que se engloban dentro da área social e que abarcan aos maiores, á infancia, ás persoas con discapacidade, ás persoas que se atopan atravesando por unha  situación de dificultade económica, ou de diversa índole.

As propostas que dende móvete levaremos a cabo na próxima lexislatura nesta área de goberno están encamiñadas a garantizar a igualdade e a integración social de todxs os veciñxs de A Estrada.

Principais medidas que desenvolvemos no noso programa na área de “Políticas Sociais”

  • Impulsar a creación dunha cooperativa que xestione os servizos sociais como o servizo de axuda no fogar, que atenda as diversas demandas dos usuarios: apoio á hixiene, acompañamento fora do fogar, limpeza, enfermería, estimulación sensorial cognitiva.
  • Emprender as medidas necesarias para a creación dun centro de día na “Casa das Colonias”.
  • Establecer programas de envellecemento activo.
  • Atención á infacia, máis alá do horario da gardería, para conciliar a vida laboral e familiar.
  • Servizo de prevención en drogodependencias.
  • Talleres de actividades lúdico-festivas como alternativas de ocio.
  • Programa de mulleres que sufren violencia de xénero e asistencia piscolóxica tanto para elas, os fillos e outras víctimas.
  • Programa de atención para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.
  • Impulsar programas de educación para a saúde dirixidos a enfermos crónicos.
  • Eliminar as barreiras arquitectónicas.
  • Xestión directa dos impostos municipais.
  • Habilitar unha serie de medidas encamiñadas a rematar a precariedade laboral no noso Concello e garantir os dereitos dos traballadores.

Móvete A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta