A Estrada Pode presenta a súa candidatura para as eleccións municipais

A Estrada Pode1.Ofelia LEMA VILLAR
2.Orlando VILLAMAYOR TORRES
3.Désirée CABANAS TORRES
4.Alejandro BREY PAZOS
5.María del Carmen Lourdes VIEITES CONDE
6.Miguel VÁZQUEZ SILVA
7.María Teresa PUENTE RIBADAVIA
8.Marcos Antonio MAGAN TABOADA
9.Natalia Catalina LEMOS GEDDO
10.Antonio DURAN SANCHEZ
11.Nathalie REY FERNANDEZ
12.José Antonio CHACON VILLAR
13.Mirian PEREZ BOLAÑO
14.Miguel BETES FIGUEIRAS
15.María del Pilar TORRADO RIVAS
16.Luis SILVA PORTO
17.Sara GONZALEZ SANCHEZ
18.Manuel SANGIAO CAMOIRA
19.Sandra UZAL TERCEIRO
20.Héctor FANDIÑO REY
21.Prudencia SANTASMARINAS RAPOSO

SUPLENTES:
1.Manoel Anxo ESCARIZ FERRIN
2.Cristina CALVO COSTOYAS
3.Javier PARAFITA VILAR
4.Jesús PICALLO REN

A Estrada PODE está configurada por cidadáns. Se ben existe unha procedencia política, cada un de nós participamos deste proxecto sen ataduras nin condicións ideolóxicas predeterminadas.

Podemos, CxG, simpatizantes de Equo e integrantes dalgunhas plataformas cidadáns como é a de pensionistas ou animalistas, configuran unha lista de candidat@s que ofrecen a alternativa política ó despropósito da xestión municipal.

Entre tod@s, e co asesoramento de diferentes especialistas en cada materia, redactamos un marco programático axustado ás necesidades locáis e á proxección que A Estrada PODE ter, acadando ser un Concello do século XXI.

Non cremos nas presentacións tradicionáis, nin nos currículos abultados que pretendan suplir a falla de peso de ningunha imaxe. Somos xente preparada e formada nas materias nas que atendemos. Somos cidadáns que fan política e queren desprofesionalizar a política. Compre xestionar un goberno municipal dende a vontade da cidadanía e non a capricho e intencións partidistas ou beneficiando a uns poucos.

@s candidat@s de A Estrada PODE formámonos e traballamos en materia de:
-servicios sociais, igualdade e educación;
-economía e finanzas;
-comercio local e exterior;
-urbanismo
-sector forestal;
-agricultura, gandeiría e pesca;
-deportes, cultura e turismo;
-seguridade pública;
-información, comunicación e redes.
-sector servizos: hostalaría, comercio (mayorista, minorista e franquicias), madeira e moble, etc.

Así mesmo, contamos con varios equipos de asesoramento externo configurado por profesionáis da USC, entre outros, relativos ás áreas de economía, turismo, seguridade, educación, emprego, cultura, deportes e saúde.

Nas vindeiras xornadas procederemos a subir ás redes sociáis as imaxes d@s candidatos, coas súas intencións, desexos ou inquedanzas, así como a data, hora e lugar definitivos de presentación da lista.

Do mesmo xeito, iremos avanzando as liñas do marco programático co que concurriremos ás eleccións o 24 de maio, estructuradas en bloques de iniciativas para facilitar a maior información posible.

A Estrada Pode

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta