A Estrada Pode convoca un encontro veciñal na Casa do Lagoeiro

IMG-20150424-WA0011Mañá sábado A Estrada PODE da visibilidade ó proxecto de empoderamento da cidadanía cun encontro na Casa do Lagoeiro, en Aguións, ás 19.30 h

Esta localización foi elexida seguindo a liña da corrente marcada por o Círculo estradense de Podemos, na que buscabase facer partícipe de xeito pleno a todas as parroquias, para acadar unha visibilidade semellante á do núcleo urbano.

A nosa intención pasa por facer un percorrido polo rural estradense transmitindo as liñas do proxecto que mañán iniciamos,  así como compartir o marco programático co que concurrimos ós comicios do vindeiro 24 de maio.

O acto de mañá estará presentado por Marcos Magan, membro da lista da candidatura de A Estrada PODE.

A Estrada Pode

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta