O candidato popular pídelle aos estradenses que valoren que «o modelo de futuroque quería o bipartito PSOE-BNG para esa zona era unha ampliación reducida econ bloques de edificios»
López salienta que «a ampliación da alameda é economicamente compatible coa
xeración de solo industrial público no polígono de Toedo»
O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López, defendeu hoxe fronte ás
críticas do BNG a decisión do goberno local de acometer a ampliación da alameda municipal ata a rúa Castelao e lembroulle aos nacionalistas que «xa hai máis de 1.500 sinaturas recollidas aló polo ano 2000 que avalan a ampliación da alameda».
José López considera a recollida de sinaturas anunciada polo BNG «unha campaña inútil, unicamente motivada polas súas urxencias e a necesidade de ter protagonismo mediático durante a precampaña electoral» e augura que «se o goberno iniciase unha recollida de sinaturas para defender a ampliación da alameda multiplicaríanse as 1.500 recollidas no seu día».
Neste senso, pídelle aos estradenses que valoren «o esforzo e a aposta que está a realizar o
goberno local» fronte «ao modelo de futuro que quería o bipartito PSOE-BNG para esa zona, que consistía cunha ampliación reducida e con bloques de edificios». «Dende o PP queremos aproveitar esta oportunidade histórica, pensando nas xeracións vindeiras, para dispor en pleno corazón do pobo dunha zona verde e de lecer como A Estrada merece e como demandan os veciños. Fronte á especulación urbanística, nós apostamos por unha ampliación total como zona de lecer», apuntou.
Ademais, engade que «fronte á palabrería do BNG e do PSOE, que tamén gobernaron A Estrada non hai tanto tempo e non crearon un só metro cadrado de zonas verdes», o Partido Popular creou un parque infantil na avenida de Santiago, acondicionou a abandoada carballeira e habilitou un novo parque a carón do novo estadio de fútbol. «Tanto BNG como PSOE deben saber que o urbanismo a golpe de ocurrencias acabouse, porque A Estrada ten un PXOM en vigor, que é o que traza as liñas urbanísticas do futuro», subliñou José López, antes de lembrar que novos desenvolvementos urbanísticos como o plan de Mercadona ou o da avenida de América incluirán tanto zonas verdes e de lecer como prazas de aparcamento público en superficie.
Dende un punto de vista financieiro, José López destaca que «a ampliación da alameda é posible grazas á boa xestión dos recursos públicos realizada polo goberno do PP e é económicamente compatible coa xeración de solo industrial público na ampliación do polígono de Toedo». «Os que agora prometen solo industrial gobernaron catro anos, tiveron 14 millóns de euros para investir e o que deixaron foi 1,8 millóns de euros de facturas sen pagar nos caixóns», apuntou.
Partido Popular de A Estrada






































