A AC A Fervenza de Ouzande programa unha nova edición da actividade IMOS ANDAR para a primavera deste 2015. Inclúe 3 rutas de sendeirismo que se detallan abaixo e que teñen como obxectivos fundamentais: a difusión e coñecemento dos valores medioambientais, paisaxísticos e do patrimonio arquitectónico da parroquia de Ouzande e das parroquias da contorna, como A Somoza, Guimarei, Lugar de Ferreiros, Arcos, etc.; tamén se trata de favorecer a participación de persoas socias e público en xeral, nunha
actividade saudable e permitir a convivencia activa entre todos e todas.
Este programa, iniciado no ano 2003, chega por tanto, á súa decimosegunda edición, con máis de 50 rutas realizadas e centos de participantes nas mesmas.
Todas as rutas terán como punto de partida e chegada a Igrexa de Ouzande. A saída será sempre ás 10 da mañá e o regreso ás 13:30 horas. Todas terán unha dificultade baixa ou media-baixa para facilitar a participación nas mesmas. Serán gratuítas e abertas tanto a persoas socias como ao público en xeral.
1. *Venres 1 de maio.*.Ruta do Río Gallo. Fermosa ruta na que chegaremos ao Río Gallo, despois de percorrer os montes do Arcos no veciño concello de Cuntis. Despois de cruzar o río achégaremonos ao lugar de Ferreiros e, atravensando a congostra dos Lobos, regresar á Igrexa de Ouzande polos muíños da Fervenza. 12 km. Dificultade media-baixa. A inscrición é gratuíta e realizarase no momento da saída, polo que se roga puntualidade.
2. *Domingo 17 de maio. *X Ruta das Letras. Ruta das lagoas de Zoo e Monte Cabalar Todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en galego.
3. *Domingo 7 de xuño. *Ruta de Guimarei.
AC A Fervenza de Ouzande






































