O alcalde destaca o aforro que supón no transporte en autobús a adhesión de A Estrada á área metropolitana de Santiago

09Na mañá de onte o alcalde contábanos as últimas novinades acontecidas no concello.

López destaca o aforro de 1€ por billete coa adhesión ao transporte urbano da área metropolitana de Santiago, así como unha mellora nos horarios.

Por outra banda o goberno local está finalizando o trámite de conversión dos terreos da Baiuca en zona de Servizos Públicos. Esta conversión suporá que A Estrada teña un espazo no que poder edificar, terreos dos que ata o de agora non dispoñía, podendo levar a cabo proxectos como os xulgados, centro de maiores, centro de saúde ou a gardería que xa está en marcha.

A Xunta xa está pendente da cesión do terreo para a nova gardería para que poida funcionar para o curso 2016/17, dando cabida as 30 familias que quedaron fora este ano por falta de espazo na actual gardería municipal e outras que poideran necesitalo, engade o alcalde.

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta