A Estrada PODE ven de atoparse coa cidadanía para visibilizar os e as candidat@s que participan nesta iniciativa veciñal, transformadora, honesta e transparente, polo que da comezo á exposición do marco programático dividido en áreas.
Na liña participativa encamiñada por A Estrada PODE, é preciso abordar a elaboración do noso Programa Electoral coma unha construcción, entre todas e todos, dun novo xeito de entender o pobo, transparente, participativo, aberto e á medida da cidadanía.
O proceso de redacción do marco programático aséntase nos alicerces dos que nos dotamos cando iniciamos a nosa andaina: a radicalidade democrática, a transparencia, a defensa do Ben Común, a sustentabilidade, a igualdade, a laicidade e o enpoderamento cidadán.
Inicialmente, e como medida prioritaria servinte de antesala ó desenrolo do programa, realizaranse as seguintes xestións:
10 MEDIDAS DE URXENCIA A TOMAR NOS PRIMEIROS 100 DÍAS DE GOBERNO MUNICIPAL.
Acordos a tomar en Xunta de Goberno. PLAN 1O:
1.- Auditoría da débeda municipal e dos contratos dos servizos públicos municipalizados.
2.- Reducción e limitación de salarios do alcalde e concellais.
3.- Limitación de mandatos a un máximo de 8 anos.
4.- Supresión de asesores, establecemento dun número máximo por grupo e limitación salarial a dúas veces e media o salario medio.
5.- Plan de Medidas Urxentes, negociado cos axentes sociais, de incentivos á creación de emprego, especialmente, para a mocidade e parados de longa duración.
6.- Plan de choque contra da pobreza, a desigualdade e a exclusión social.
7.- Impulso á rede de Escolas Infantís Municipais
8.- Apoio e compromiso municipal para impedir os desafiuzamentos.
Así mesmo, en A Estrada PODE somos partidarios de incluír cidadáns como observadores nos procesos de selección de persoal para postos de traballo do concello. Formalizaremos a habilitación dunha páxina web na que todos os cidadáns que o queiran se poidan inscribir. En cada proceso farase un sorteo independente.
Na liña participativa encamiñada por A Estrada PODE, é preciso abordar a elaboración do noso Programa Electoral coma unha construcción, entre todas e todos, dun novo xeito de entender o pobo, transparente, participativo, aberto e á medida da cidadanía.
O proceso de redacción do marco programático aséntase nos alicerces dos que nos dotamos cando iniciamos a nosa andaina: a radicalidade democrática, a transparencia, a defensa do Ben Común, a sustentabilidade, a igualdade, a laicidade e o enpoderamento cidadá.
No apartado de economía, e particularmente no que respecta á facenda local, en A Estrada PODE propoñemos un modelo que concurra por dúas vías fundamentáis:
– A transparencia nas contas é unha condición necesaria para a eficiencia na xestión dos recursos públicos. Debemos coñecer a orixe da débeda pública municipal e os axentes económicos directamente beneficiados pola mesma, así como avaliar en que medida dita débeda se debe á prestación de servizos por parte do Concello que non son competencia municipal, cuxo financiamento é debido á insuficiencia e atraso dos fondos procedentes
doutras Administracións. Elaboración dun Plano Económico e Financeiro a medio prazo e posta en marcha do Observatorio Económico-Fiscal municipal.
– Supresión de beneficios fiscáis ou doutra índole ás empresas. O apoio a determinadas actividades ou sectores debe realizarse non mediante subvencións ou convenios, senón pola vía do gasto público e da contratación socialmente responsable que xenere unha economía sustentable.
A Estrada Pode







































