A Fundación Cultural acollerá un Curso de Formación "Educar en Cooperativismo"

Educar en cooperativismoDende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a Concellería de Educación do Concello da Estrada, levarase a cabo o  Curso de Formación EDUCAR EN COOPERATIVISMO, impartido por UCETAG en colaboración coa Consellería de Traballo. Consta de 20 horas de formación: 16 horas presenciais e 4 de prácticas. Terá lugar os días 12,13,19 e 20 de maio de 2015 de 16:30 a 20:30 h na aula da Fundación Cultural de A Estrada, sita na segunda planta do Edificio de Usos Múltiples (Av. Benito Vigo, 104, 2º A Estrada)

• DIRIXIDO A:

Profesionais da educación, do ensino, a educación social, o tempo libre e outros ámbitos

• OBXECTIVOS:

–          Presentar metodoloxías e recursos para transmitir os valores cooperativos a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos.

–          Reforzar as competencias educativas na transmisión do cooperativismo.Educar en cooperativismo2

–          Orientación ao autoemprego cooperativo como alternativa laboral.

• METODOLOXIA:

Traballo práctico con unidades didácticas para as distintas idades.

• INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

986866149 / teresa@ucetag.org

986570997 / aedlestrada@gmail.com

ACTIVIDADE GRATUITA

Fundación Cultural da Estrada e Concellería de Educación

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta