O BNG comprométese a dinamizar o sector turístico do concello

BNG2O candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía da Estrada, Xosé Magariños, reuniuse na tarde hoxe con representantes do sector turístico do concello para achegarlle as propostas do BNG e escoitar as demandas do sector.

O actual concelleiro nacionalista explicou que “na Estrada non temos praia, pero temos un rico patrimonio que está a monte e está sen explotar desde o punto de vista turístico -a Torre e o Pazo de Guimarei son un exemplo-, a posta en valor das potencialidades turísticas das que dispoñemos e, convertidos estes recursos en produtos turísticos serán a nosa prioridade se os veciños e veciñas da Estrada confían en nós para o futuro goberno municipal”.

“Así”, explicou Magariños, “aproveitando o singular patrimonio material e inmaterial (arquitectónico, paisaxístico, etnográfico, gastronómico, micolóxico, literario, musical, etc) crearanse diferentes paquetes turísticos cos que incentivar a visita de turistas á Estrada onde se combine o aloxamento, a manutención así como as visitas ás diferentes contornas do Concello da Estrada.” “Tamén apostamos pola elaboración dun plan de dinamización turística contando co sector (bares, restaurantes, casas de turismo rural… )”, explicou Magariños.

“Por outra parte”, afirmou o candidato do BNG-Asembleas Abertas, “tamén recollemos e asumimos como propias dúas propostas que nos fixeron, que son a unificación da sinalización das casas de turismo rural e a instalación de paneis informativos sobre as excelencias turísticas do concello nas principais vías de comunicación da Estrada”.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta