Móvete mostra o seu desacordo a ampliación da alameda

cartaz boneco CDende móvete (movemento veciñal estradense) queremos expresar o noso total desacordo co goberno municipal con respecto a aprobar unha inversión de 1,5 millóns de euros para a ampliación da alameda no derradeiro pleno desta lexislatura. A ampliación da Alameda é sen dúbida unha proposta moi apetecible para a vila de A Estrada, pero, na xestión pública como nas economías domésticas, non se trata só de que apeteza ou non, trátase de que economicamente sexa viable. Trátase de non seguir hipotecando as arcas municipais que se manteñen cos impostos de tódolos estradenses.

Xustifica o alcalde que ampliar a alameda ata a rúa Castelao era un dos puntos do seu programa, e será certo, pero se ó longo da lexislatura non foi quen de levalo a cabo, por qué comprometer ó vindeiro goberno con esta inversión?

Do mesmo xeito, o señor alcalde síntese avalado para tomar esta decisión por máis de 1500 sinaturas recollidas no ano 2000, fai 15 anos.

Está seguro o alcalde de que os veciños teñen as mesmas necesidades agora que hai 15 anos.

É se lle damos a elixir á cidadanía entre ampliar 4.000 m2 a alameda ou mercar 100.000 m2 de terreo nunha zona moi próxima ó núcleo urbano investindo un terzo do orzamento que o goberno di que ten disposto para esta inversión.

En móvete temos moi clara cal é a necesidade actual do pobo, é por iso, que cando cheguemos ó goberno, o concello poñerá á disposición dos veciños 10 hectáreas de zona verde que serán destinadas, entre outras cousas, a xardín e parque botánico, a sendeiros naturais, a zona de esparcemento de mascotas, a zona de recreo de rapaces e xóvenes de todas as idades, á creación de un parque biosaudable, …, e aínda quedará espazo para as necesidades que xurdan nos vindeiros anos.

Dende móvete queremos recordarlle ao alcalde que non por estar nas vísperas das eleccións está obrigado a repetir as mesmas promesas-mentiras que dixo fai catro anos. Tivo catro anos para mellorar o noso Concello e a vida dos veciños e non foi capaz de facelo.

Consideramos que este anuncio da ampliación da alameda é un enganos máis do alcalde posto que non conta co terreo preciso para levar a cabo dita ampliación, ese terreo é privado e de seguro non nos sairá barata tal expropiación aos estradenses. E hoxe contamos con outras prioridades.

Movemento Veciñal Estradens- Móvete

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta