O BNG-Asembleas Abertas da Estrada *suspende o acto público* previsto para hoxe no Souto de Vea, por mor do asasinato machista de hoxe en Ourense.

BNG crespon negroO BNG quere amosar a súa máis enérxica repulsa contra o asasinato por violencia machista dunha muller que se *recuperaba no Centro Hospitalario de Ourense* das lesións por coiteladas recibidas no seu domicilio a principios do mes de abril, presuntamente a mans da súa parella.

O BNG esixe a comparecencia urxente do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda para que explique que foi o que fallou para que unha muller ingresada no CHUO para recuperarse das lesións por coiteladas recibidas no seu domicilio no mes de abril, resulte acoitelada e asasinada pola súa parella cando existían indicios previos de violencia de xénero.

A deputada de Política de Igualdade do BNG, Carme Adán preguntará ao Vicepresidente que medidas de seguridade foron postas en marcha para garantir a seguridade desta muller que se recuperaba en planta tras permanecer varios días na UCI e  que hoxe, lamenta a deputada, aumenta a lista de mulleres asasinadas por violencia machista.

*O BNG convoca unha concentración de repulsa contra a violencia machista hoxe venres ás 8 da tarde diante do concello.*

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta