Comeza a campaña electoral

foto grupo pegada

A noite deste xoves deu comezo a campaña electoral coa pegada oficial de carteis ás 12 da noite nos paneis sitos xunto a casa das letras. O tempo non acompañou e puntualmente sólo se presentaron Móvete, PSOE e PP, BNG e A Estrada Pode realizaron a pegada máis tarde.

Previamente a petición da prensa local, os líderes dos cinco partidos que se presentan a estas eleccións posaron cós seus respectivos carteis.

O venres comenzaban os mitins de PP en Berres, PSOE en Ancorados e BNG tiña previsto facelo no Souto de Vea, pero os nacionalistas suspenderono por mor do asesinato dunha muller en Ourense, nun novo caso de violencia de xénero, no seu lugar convocaron unha concentración na praza do Concello a que se sumaron membros doutros partidos.

Hoxe comezan a campaña os novos partidos que se presentan por primeira vez ás eleccións, Móvete no Foxo e Santa Cristina de Vea e A Estrada Pode no Areal de Berres.

A ESTRADA PODE

A alcaldable por A Estrada PODE, Ofelia Lema Villar, xunto con parte do equipo de candidatas e candidatos, iniciará o período de campaña electoral o vindeiro sábado 9 de maio no Areal de Berres coa celebración dunha foliada que dará comezo ás 17 horas e á que convidan a toda a veciñanza.

O grupo «Bótalle Terra» amenizará o encontro, no que os máis cativos poderán disfrutar de actividades de diversión. A agrupación estradense fará un sorteo de productos ecolóxicos da terra e convidará ás e ós asistentes a unha pequena merendola.

O acto contará coa presenza de diversas e diversos membros de Podemos Cambiar Galicia, entre eles Ana Sánchez.

MÓVETE

– Encontro veciñal no pavillón polideportivo do colexio do Foxo ás 16:30. Estarán cos veciños representantes da candidatura de móvete e a deputada de AGE no Porlamento Europeo, Lidia Senra.

– Encontro veciñal na Escola Unitaria de Santa Cristina de Vea ás 21:00 horas. Estarán cos veciños representantes da candidatura de móvete e a deputada de AGE no Parlamento Europeo, Lidia Senra.

BNG

Este domingo ás 11:30 reuniranse cos veciños de Guimarei no local social Santa Apolonia.

PP

Hoxe:

– Mitin no local social de San Miguel de Barcala, ás 20:00 horas, para os veciños de San Miguel de Barcala e Santa Mariña de Barcala.

– Mitin na escola de Santeles, ás 21:45 horas, para os veciños de Santeles.

Domingo:

– Café-tertulia coas mulleres no Restaurante Samaná, ás 17:00 horas.

– Mitín na escola de Aguións, ás 19:00 horas

– Mitín no centro social de Guimarei, ás 21:30 horas

PSOE

– Domingo ás 20:00 en Vinseiro

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta