O PXOM da Estrada segue na mesma situación: pendente de que o TSXG sentencie se é legal ou ilegal
A estratexia do Alcalde José López Campos de usar o PXOM como arma electoral foi un erro antes e segue a ser un erro agora. Os socialistas non somos o problema para os estradenses, o problema é a espada de Damocles que o Alcalde colgou sobre todos os estradenses e que estará no aire ata que se resolvan xudicialmente as cuestións de ilegalidade do PXOM. Non se pode obviar que foi aprobado con informe en contra do Secretario Municipal titular e sen coñecemento dos veciños e veciñas posto que foi modificado polo Alcalde despois da exposición pública.
“A sentencia do Tribunal Supremo de onte, ten que ver unicamente ca suspensión cautelar do mesmo, non co fondo do asunto, o PXOM sigue no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pendente de que se emita sentencia sobre a súa legalidade ou ilegalidade”, informou o líder socialista.
Esta sentencia non modifica en nada a situación actual do PXOM da Estrada, segue exactamente como estaba: pendente de que o TSXG sentencie se é legal ou ilegal. Ademais, o Secretario titular do Concello ten denunciado a este alcalde e ó tenente alcalde, por presuntas coaccións no xulgado número 2, e este xulgado pediu o expediente do PXOM fai unhas semanas, o xuíz que o pediu saberá o motivo.
“É obvio que o alcalde está nervioso, pero non nos engañemos, non está nervioso polo Plan Xeral, nin está nervioso por defender os intereses dos estradenses, está nervioso pola proximidade das eleccións municipais e a posibilidade real de perder o sillón”, comentou José Antonio Dono. “Será mellor que se dedique a xestionar, en vez de estar continuamente falando de min”.
PSdeG PSOE de A Estrada






































