Móvete organiza polas Letras Galegas un concerto dos Esquios que presentan o seu novo disco "A Diana Somos Todxs"

11262391_485141011634062_8581197948778928045_oMóvete celebra o 17 de maio, día das Letras Galegas, cun acto festivo no que reivindicamos a nosa aspiración a vivir a totalidade das nosas vidas empregando a nosa língua.

O noso compromiso coa língua xira en torno a garantir o pleno exercicio dos nosos dereitos lingüísticos: o galego como língua vehicular na infancia e na mocidade e a súa promoción social.

Móvete organiza o día 17 de maio, a partir das 19;30h, o concerto “móvete polas nosas Letras” na Praza da Feira (zona dos pulpeiros).

  • 14En primeiro lugar explicaremos o noso compromiso coa língua galega e as accións que dende o Concello levaremos a cabo para promovela: “Unha língua para gobernar o Concello”.
  • Actuación de Seve.
  • Actuación de Esquíos (presentación do seu novo disco “A Diana Somos Todxs”.

Móvete A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Música, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta