Esta noite ás 21:00 horas no restaurante Samaná a queixería O Labrador Estradense presentará un libro e unha nova páxina web en celebración dos seus 75 anos de historia.
A queixería foi fundada no ano 1939 por dous irmáns, José Maria e Daniel Torres Torres, no lugar de Liñares, sendo a primeira queixería da comarca.
Actualmente o administrador é Daniel Félix Torres Lea, fillo dun dos fundadores. Recordan como nos seus comezos tiñan que facer a recollida do leite en cabalo ou burro e como en ocasións se perdía polo incremento de temperatura.
Nos seus inicios realizaban 150 queixos diarios. Actualmente, con todo máis modernizado realizan máis de 400 queixos por día contando con 7 traballadores e con leite procedente de 30 explotacións gandeiras locais. Noutros tempo que había máis explotacións gandeiras chegaron a traballar con máis de 160.