As XSG-A Estrada instan ao goberno municipal a poñer fin de forma inmediata ás deficiencias da Casa das Letras que están a soportar os estudantes de A Estrada

IMG-20150525-WA0018As xuventudes socialistas de A Estrada, instan ao goberno municipal a poñer fin de forma inmediata ás deficiencias de que adoece a recentemente estreada Casa das Letras e que están a soportar os estudantes de A Estrada de forma reiterada.

Os mozos e mozas das xuventudes socialistas de A Estrada, tras recibir por parte dos estudantes de A Estrada diversas queixas e imaxes poñendo de manifesto as múltiples deficiencias da nova Casa das Letras e facelo público na súa páxina de “facebook”, consideran necesario instar ao goberno municipal para que emende de forma inmediata as mesmas, xa que as instalacións e condicións que se ofrecen á mocidade da vila resultan totalmente indignas.

Sinalan dende esta agrupación que tras habelo advertido e por si non quedara clara a insuficiencia da Casa das Letras como biblioteca municipal, desgraciadamente agora é aos estudantes estradenses aos que lles toca comprobar diariamente da forma máis evidente, que as promesas dunha biblioteca digna para eles eran todo fume. Así, o pasado 25 de IMG-20150525-WA0021maio fixéronselle chegar á agrupación socialista diversas imaxes que deixaban patente o estado lamentable no que os estudantes se ven obrigados a estudar nun recinto no que en principio e de acordo coas promesas electorais, debía estar perfectamente habilitado a tal fin. Nas imaxes pódese comprobar por unha parte o retraso co que a biblioteca, sen previo aviso abriu as súas portas, tendo os mozos e mozas que esperar á porta durante máis dunha hora; e por outra banda,  pódese apreciar como os estudantes, ante a escaseza de espazo e mobiliario, dado que as mesas que deberan estar dispoñibles para a lectura e estudio se atopan ateigadas de libros sen colocar, se ven na obriga de sentarse en mesas no corredor e incluso no chan doutra das salas.

Se ben é certo -continúan- que o concelleiro de cultura saíu ao paso das queixas formuladas cunha morea de escusas que deixan entrever a súa pasividade ante a situación, tamén é certo que por parte das xuventudes socialistas locais consideran as mesmas absurdas, e engaden que de querer e ter realmente interese e preocupación pola mocidade de A Estrada deixaríanse de pretextos e actuarían, tendo en conta que xa cando se fixo a inauguración da Casa das Letras eran coñecedores da proximidade dos exames, de aí as múltiples promesas electorais de cara á mocidade que agora se ven esvaecer.

Con esta actitude- engaden-, por parte do goberno municipal ponse de manifesto que o seu interese en que os estudantes de A Estrada tiveran a súa disposición unhas instalación axeitadas onde levar a cabo a súa actividade, era puramente propaganda electoral. Neste senso botan en falta que a concelleira de xuventude mostre interese e preocupación pola súa concellaría e as funcións propias da mesma.

IMG-20150525-WA0020Neste senso, rematan instando ao Alcalde en funcións a que tome cartas no asunto, e xa que se dedica a lanzar avisos a navegantes, sería bo que comezase polos seus propios concelleiros para que atendan as súas concellarías, no sitio de pasar o tempo nas redes sociais avergoñando aos estradenses coa conduta dos seus representantes políticos, que tan so cabe considerar como impropia dos seus cargos, reprochable ética e moralmente e en todo caso, inadmisible, enchendo os seus perfís nas redes de insultos, faltas de respecto e veladas ameazas coa posibilidade de represalias para aqueles que se atreveron e se atrevan a facer uso do seu dereito a liberdade de expresión e de ideoloxía política.

Xuventudes Socialistas de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta