O capitán de A Estrada Futsal, Rafita, ficha polo Estradense

FUTSALNa noite do luns a directiva do equipo de fútbol sala estradense, A Estrada Fútsal, comparecían ante os medios para mostrar o seu estupor ao coñecer o fichase do seu capitán, Rafa Vázquez Ares, polo Estradense C. F.

Dende a directiva mostran o seu pesar polo seu abandono do club non solo no ámbito profesional senón tamén no emocional ao tratarse dun dos impulsores do equipo de fútbol sala A Estrada Futsal e un referente das categorías inferiores.

Dende o equipo Futsal cren que a decisión de aceptar a oferta do Estradense, contra a que eles non poden competir, tamén puido axudar o feito de que fai uns días o equipo de fútbol local tamén anunciara a fichaxe do irmán de Rafita, Javicho.

O equipo de fútbol sala vese agora obrigado a recompoñer o plantel a escasos días do comezo da pretemporada.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta