Este mércores 29 de Xullo a Asociación A Xesteira de Couso realiza unha nova presentación do vixésimo aniversario do festival As Nosas Músicas.
Nesta ocasión a presentación terá lugar en terras compostelanas en dobre sesión:
– As 12:00 horas realizarán unha presentación para os medios de comunicación.
-Xa pola noite, as 22:00 horas, faran outra presentación pública na Foliada do mércores que celebran na Casa das Crechas, a cargo da Banda das Crechas, un dos grupos que estará no festival de Couso deste ano.
Ambos actos terán lugar na Casa das Crechas en Santiago de Compostela.






































