O PSOE denuncia que "a nova sede de protección civil en Toedo está totalmente inhabitable"

01150.000 euros de orzamento, máis a contratación a maiores de 2 empresas amigas dan como resultado 9 meses despois unha obra inacabada 

Recentemente o alcalde José López anunciaba para o mes de setembro o traslado do servizo de protección civil dende o edificio de usos múltiples na vila á nova sede ubicada no antigo centro comarcal de Toedo remodelado polo obradoiro de emprego 2014. Este anuncio do alcalde, enmarcado no anuncio da futura remodelación do edificio de usos múltiples, agocha detrás de si a realidade doutra chapuza do alcalde en materia de obras.

“Cables colgando do teito, traballos de albanelería sen rematar, paredes de escaiola con cortes abertos, premarcos de obra á vista, teitos inacabados ou pisos sen colocar, ausencia de portas interiores e de apliques e de calquera tipo de mobiliario, esta é a imaxe que pode verse a través dos papeis caídos que dende o mes de novembro impedían contemplar as estancias interiores do edificio”, relatou a portavoz socialista.

150.000 euros de orzamento destinado a través do obradoiro para os traballos de adaptación, a contratación dos traballos de electricidade e fontanería a empresas amigas e 9 meses de execución –dende o inicio ata data actual e seguimos contando- dan como resultado unha chapuza obra inacabada. “O alcalde debería explicar porque despois dos 03gastos acometidos, o tempo transcorrido e os diversos anuncios de data de fin de obra que realizou a realidade dista tanto dos seus anuncios, sen ir máis lonxe, ao rematar o obradoiro a finais de marzo anunciou que en 4 semanas a sede estaría lista”

“Se a visión interior resulta desoladora, o exterior non é diferente, zanxas abertas, o aramio do peche de obra caído e as columnas do peche exterior da propiedade pousadas no chan deixan ás claras que o espazo destinado ao parque móbil non está preparado”

O balance de obras do alcalde é totalmente chapuceiro e ineficiente

“Incapacidade para rematar as obras de reforma da Praza de Abastos despois de 4 anos e recibida con defectos que fai que chova dentro do edificio; un campo de fútbol novo con derrubamentos de obra na semana da súa inauguración; o frontón municipal pechado dende fai anos polo derrubamento do seu teito ou os problemas nas obras de reforma do concello rematadas en 2014 e que fixeron necesarios varios parches, esta é a realidade que hai detrás dos anuncios e as inauguracións protagonizadas polo alcalde López Campos”, comentou a socialista.

Cando vai ser necesario pagar para arranxar o chapuceiro estado actual do edificio de Toedo? Que modificación dos presupostos vai a realizar o alcalde para poder acometer os gastos necesarios para que protección civil se poida trasladar en setembro? Quen vai a realizar as obras que faltan?, esto é o que debería preocupar ao Alcalde José López e deixarse de facer autopropaganda.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta