O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, exíxelle ao alcalde da Estrada a reparación inmediata dos numerosos bancos públicos rotos ou en mal estado distribuídos polo casco urbano. “Algúns,” explicou o concelleiro nacionalista, “están tan deteriorados que poden mancar a algún veciño ou veciña”.
“Para evitar males maiores cómpre que o Goberno municipal do PP ordene o arranxo inmediato deste mobiliario”, afirmou Magariños, “mais tamén para non dar unha mala imaxe da vila da Estrada”.
O concelleiro nacionalista amosouse preocupado porque “logo de que o goberno municipal do PP se incrementara os seus salarios, agardaríamos unha maior preocupación polos problemas dos veciños e veciñas”, explicou, “mais seguen instalados no mesmo pasotismo que o anterior goberno municipal, iso si, cobrando máis”.
BNG de A Estrada






































